Aula de música

Aula de música
A súa consulta non é unha obriga, soamente pretende ser unha ferrramenta de axuda ó estudio da música, dos alumnos do C.E.P. Campolongo

12.1.17

Eu teño alguén. Canción para a Paz



 Coma todos e todas temos alguén no corazón, aquí vos deixo a canción que imos cantar no patio o luns 30 despois do recreo para celebrar o día da Paz:



Retrouso:
Eu teño alguén no meu corazón.
(4 veces).
Estrofa 1
Un can, un peixe, un zapato, un pin, un chifre, un calendario, un punto e coma, un silabario, un oito, un nove, un dez.
Unha bolsiña de canicas, unha pistola de martinicas, unha buxaina bailadora, un acorde e un violín.
Retrouso.
Estrofa 2
Un con, un barco, unha batea, un link, un verso, unha serea, un conto, un grilo, un guiñol, un do-re-mi-fa-sol.
Un bico, un sapo, un cabalo, un cofre dun pirata malo, as clases de anatomía, e unha volta en camión.
Retrouso.
Estrofa 3
Un tapete con estrelas debuxadas, un Pinocho cunha perna escangallada, unha locomotora disparatada e unha viaxe en chimpín.
Bocas que inventan palabras, ollos que inventan historias, ouvidos que saben escoitar e mans que saben mirar.

Coda


No hay comentarios:

Publicar un comentario